Section outline
-
MÓDULO 1. Previsionado. Presentamos a películaAs actividades de previsionado propostas aquí parten do cartel da película, avanzan polas pistas ofrecidas no trailer e compleméntanse con información como a das fichas técnica e artística.
Nelas o alumnado vai poder explorar como chega individual e colectivamente a un visionado completo ou fragmentado do filme. Deste xeito, deixará constancia dos seus coñecementos e actitudes previas nunha enquisa individual e anónima que pode servir de plataforma de reflexión global inicial á que se pode volver para comprobar os avances nos obxectivos establecidos ao principio.
Visionado da película
A continuación pódese ver a película desde o inicio premendo no botón Play, situado no centro do reprodutor.
Ademais, se se fracciona o visionado do filme en diferentes sesións, pódese acceder a 3 partes de pouco máis de 20 minutos pulsando os botóns situados na parte inferior (Primeira, Segunda e Terceira Parte).
Finalmente, para ver o filme a pantalla completa hai que pulsar o botón correspondente situado na parte inferior dereita do reprodutor en funcionamento: