Section outline
-
MÓDULO 4. Miramos pola nosa saúde Os accidentes de tráfico son un problema de saúde pública de primeira magnitude. Os datos de sinistralidade que ofrece a Dirección Xeral de Tráfico dan boa conta desta afirmación:
- cada ano morren en España 54 persoas por cada millón de habitantes.
- os accidentes de tráfico constitúen a primeira causa de morte entre os máis novos.
- cada ano morren arredor de 120 persoas en Galicia por causa dun sinistro.
- a atención sanitaria das vítimas supón o 25 % dos orzamentos da sanidade pública.
Á marxe da fría visión dos datos, cómpre facer fincapé en que un accidente grave trastorna seriamente a vida de quen o sofre e mais do seu círculo familiar; pode producir secuelas físicas nos accidentados e psicolóxicas e emocionais en todos eles. Estas secuelas en moitos casos son cuantificables e noutros moitos, non.