Section outline
-
MÓDULO 5. Coñecemos o cineA análise dos elementos cinematógraficos pode contribuír dunha maneira decisiva á nosa educación audiovisual co obxectivo de entender en toda a súa amplitude os significados rectos e simbólicos dos produtos cinematográficos. O cine é unha construción artística que está moi presente nas nosas vidas, ao alcance de todo mundo grazas á difusión televisiva. A visión que ofrece do mundo en que vivimos pode ofrecer un punto de vista que nos axude a comprender a realidade que nos rodea. Alén disto, o cine contribúe á construción dun mundo de ficción a través do uso de elementos cinematográficos máis ou menos complexos que constrúen para o espectador unha atmosfera arredor da historia.