O telefilme
A pesar de todo, quérote, dirixido por Jorge Algora, ofrece a posibilidade de desenvolver actividades interdisciplinarias arredor da trama central, que pivota arredor dun accidente de tráfico e as súas consecuencias.
Esta unidade está dirixida á explotación didáctica deste recurso audiovisual e organízase en 5 módulos:
- Previsionado. Presentamos a película
- Previmos os accidentes de tráfico
- Xestionamos as nosas emocións
- Miramos pola nosa saúde
- Coñecemos o cine
Estas seccións inícianse con actividades de previsionado e están completadas cun apartado de recursos e unha proposta de ampliación a un proxecto de educación viaria no centro. A unidade vai dirixida a alumnado de calquera nivel educativo posterior a 3º de ESO e está moi especialmente indicada para o seu desenvolvemento en sesións de titoría ou en proxectos interdisciplinarios centrados na educación viaria.