MÓDULO 2. Previmos os accidentes de tráfico
Durante o visionado da película tivemos a oportunidade de observar as circunstancias en que se pode producir un accidente. Trátase sempre dunha situación complexa onde inflúen factores de distinta índole (factor humano, vehículo e vía); de todos eles, o factor humano adoita ser o desencadeante da maior parte dos sinistros. O habitual é que os accidentes estean orixinados por unha infracción ou unha distracción.
Imos revisar a conduta, o comportamento e mais a actitude dos personaxes respecto das normas de circulación e tránsito para logo poder valorar que medidas se poderían adoptar para reducir o número de sinistros.
Logo podemos valorar o tratamento informativo que se lles dá aos sucesos de tráfico en distintos medios de comunicación e como nos inflúe a repercusión que ten en nós como espectadores.