Deseño dunha SA en cREAgal

Como vimos anteriormente, o deseño dunha situación de aprendizaxe no proxecto CREAgal debe partir do currículo educativo galego, e debe estar orientado a facilitar a adquisición das correspondentes competencias clave.
Unha boa práctica de deseño dunha SA para o proxecto CREAgal sería:
![]() |
O primeiro paso é analizar a programación modelo de Proens, que será o referente para a elaboración dos REA, e concretar as unidades didácticas que se traballarán en cada SA. |
|
A motivación e o estímulo da imaxinación son elementos básicos nun enfoque competencial, polo que se debe deseñar unha SA con conexión co mundo real do alumnado e que poida adaptarse ao contexto da aula e do centro educativo no que se empregue. |
|
|
O enfoque de traballo xeral na SA é de traballo en grupo con metodoloxías cooperativas e colaborativas, pero tamén haberá espazo para deseñar actividades individuais interactivas ou desconectadas. |
|
|
Ao finalizar a SA, débese orixinar un produto final, froito do traballo colectivo, do que o alumnado sinta orgullo, que mellorou a súas competencias clave e traballou os contidos da materia. O alumnado debe ter claros previamente os instrumentos e criterios de avaliación do proceso e produto final. |


Nesta fase deseñaranse actividades que promovan a iniciativa do alumnado e conecten cos seus coñecementos previos.

