Saltar navegación

A avaliación da SA

Como avaliamos o noso REA?

No proceso de elaboración do REA é moi importante coñecer como vai avaliarse, de xeito que teñamos tamén unha formación no proceso de como debemos elaborar o recurso; a situación de aprendizaxe elixida ten moito que ver neste proceso.

A Norma 71362:2020 de “Calidade de los materiales educativos digitales” elaborada pola UNE responde á necesidade de proporcionar un documento de referencia sobre a calidade dos materiais educativos dixitais (MED) e unha ferramenta para a súa medición, polo que é importante coñecela para elaborar recursos de calidade.

A calidade dos recursos educativos dixitais pódese valorar a partir de 15 criterios establecidos na mencionada norma. Cada criterio contén diferentes indicadores de calidade que especifican as características que debe reunir un recurso para ter unha alta valoración no devandito criterio.

No proxecto cREAgal  utilízanse unhas rúbricas propias do proxecto, baseadas nesta norma, e que servirán para avaliar se cumpre cos niveis de calidade do proxecto. Toda información do proxecto centralízase nunha páxina que as persoas elaboradoras deben coñecer: Repositorio de documentación do proxecto cREAgal.  

Nesta páxina encontraremos entre outras cousas:

  • Rúbricas do proxecto cREAgal:  neste cartafol encontraremos:
    1. Rúbrica do REA do alumnado e accesibilidade: rúbrica para comprobar se o REA do alumnado cumpre coa norma de calidade e accesibilidade.
    2. Rúbrica da supervisión técnica e estilo: rúbrica para comprobar se o REA do alumando cumpre cos estándares do proxecto cREAgal.
    3. Rúbricas  da supervisión:  folla de cálculo (ODS) na que se engloban as rúbricas do REA do alumnado e accesibilidade e de supervisión técnica e estilo dun xeito máis cómodo para a supervisión.
    4. Rubricas de supervisión da guía docente: instrumento para comprobar se a guía docente cumpre cos estándares do proxecto cREAgal

Estas rúbricas aparecen tamén nas guías do proxecto:

Guía técnica e de deseño do proxecto cREAgal  Guía para grupos de traballo do proxecto cREAgal
Imaxen da guía técnica Imaxen da guía de grupos de traballo

                            



Feito con eXeLearning (Nova xanela)