Saltar navegación

Guía práctica de licenzas de uso para persoas elaboradoras de REA

Actualmente a tecnoloxía multiplicou as posibilidades de difundir, reutilizar e compartir recursos con outras persoas. Existen moitísimos materiais aos que accedemos a través das redes (textos, imaxes, documentos, vídeos, proxectos, infografías...) que poden resultar útiles no desenvolvemento do noso labor docente ou que podemos incorporar aos recursos educativos que creamos. Pero, realmente podemos utilizar calquera material dispoñible na Rede para as nosas clases?

Para responder a esta pregunta e poder facer un bo uso dos materiais que existen na rede debemos expornos as seguintes cuestións:

  • Que son os dereitos de autor e o copyright e en que medida afectan ao meu labor docente?
  • Que tipo de licenzas existen e cales son as máis recomendables para crear recursos educativos abertos?
  • Son as licenzas abertas e, en concreto, as licenzas Creative Commons contrarias ao copyright?
  • Onde podo atopar recursos libres de dereitos para incorporar aos materiais que creo para as miñas clases?
  • Que debo ter en conta ao utilizar recursos alleos?
  • Como podo facilitar que outros docentes accedan aos meus materiais e os poidan adaptar ao seu contexto?
licencias
Cedec. Quen protexe os nosos dereitos? (CC BY-SA)

Esta guía pretende responder a estas e outras preguntas relacionadas cos dereitos de autor e coas licenzas de uso no ámbito docente, facendo unha forte aposta polo uso das licenzas abertas para potenciar a difusión, transformación e actualización dos recursos creados polo profesorado. 

A necesidade de adquirir estas competencias recóllese no Marco de referencia da competencia dixital docente desenvolvido polo INTEF en colaboración coas CCAA, concretamente na área 2 de Contidos dixitais, na que se trata especificamente os dereitos de autor e as licenzas de uso:

  • Competencia 2.2 "Creación e modificación e contidos dixitais", en cuxa descrición se inclúe "Modificar e adaptar os contidos educativos dixitais respectando as condicións de uso (obras derivadas e limitacións recollidas nos dereitos de propiedade intelectual) establecidas por cada licenza.
  • Competencia 2.3 "Protección, xestión e compartición de contidos dixitais", en cuxa descrición se inclúe "Respectar e aplicar correctamente a normativa sobre propiedade intelectual e dereitos de autor na xestión e compartición de contidos dixitais"

Hoxe en día faise máis necesario que nunca, por unha banda, coñecer que recursos podo utilizar e baixo que condicións e, por outro, promover a creación de recursos educativos abertos e fomentar o coñecemento e a cultura libres.

AVISO

  • Esta guía está dirixida a docentes en xeral, aínda que ao longo da mesma sen falará de cuestións normativas reguladas pola Lei de Propiedade Intelectual de España. En caso de pertencer a outro país recoméndase consultar a lexislación correspondente para estes aspectos.
  • En ningún caso esta Guía pretende ser un instrumento legal, senón un material divulgativo sobre os dereitos de autor e as licenzas de uso. A interpretación da Lei para cada caso concreto é competencia dos xuíces e tribunais.
  • Última actualización do contido desta guía: maio 2023

Icona da Licenza CC BY SA
Recurso Educativo Aberto do Proxecto EDIA de Cedec.
Autora: Cristina Valdera López

Feito con eXeLearning (Nova xanela)