Saltar navegación

Posición Lateral de Seguridade

A Posición Lateral de Seguridade

A posición lateral de seguridad é a postura dos primeiros auxilios que usamos cando atopamos a unha persoa inconsciente, que respira e ten pulso.

Temos que ter en conta que pode ser que a persoa tivera un accidente e unha posible lesión cervical polo que é moi imporatne non movelo.

A funcion da posición é evitar atragantamentos e a aspiración de vómitos, así como manter as vías respiratorias abertas.

 Os pasos a seguir serán:

-        Colocar ao pacente boca arriba

-       De xeonllos, estiramos o brazo máis próximo a nos intentando poñelo o máis preto da cabeza.

-        Flexionar a perna máis alonxada de nos ata formar un ángulo co corpo.

-        Collemos o pacente polo ombreiro cunha man e con a outra na perna flexionada.

-        O xiramos suavemente cara nos hasta que quede lateralmente, apoiando no chan o brazo e a perna sobre o que o xiramos.

-        Extender  cabeza cara atrás e colocar a man que queda arriba co dorso da mesma baixo o meixela.

-       Vixilaremos as constantes vitais ata que veña a axuda (112).

Segues con dúbidas, mira o seguinte video:

Unha lesión cervical é unha lesión na espalda, na zona cervical e en consecuencia pode ter dañada a columna vertebral