Cómo temos que tomar o pulso
O pulso é a frecuencia cardíaca, isto é, a cantidade de veces que o corazón latexa por minuto. O pulso pódese na arteria radial (no pulso, a unión entre o brazo e a mán) ou na arteria carótida no pescozo.
A frecuencia cardíaca varía dunha persoa a outra. Coñecer a nosa pode axudarnos a avaliar a saude do noso corazón.
Instruccións xerais para tomar o pulso.
- Tómate o pulso todolos días a mesma hora.
- Sentate e descansa por uns minutos antes de tomarte o pulso
- Conta os latexos durante 60 segundos.
Pulso Radial
Neste caso buscamos os latexos do corazón no noso pulso, isto é, na unión do brazo coa nosa man, na arteria radial.
Coa palma da man hacia arriba, usa a punta do dedo índice e corazón da outra man para sentir a arteria radial entre o oso do pulso e o tendón onde está o dedo pulgar.
Aplica só a presión necesaria para poder sentir os latexos, non oprimas moi forte ou non deixaras correr o sangue.
Conta as pulsacións durante un minuto, ou durante 6 segundos e añade un 0 o resultado.
Pulso Carotídeo
Como o seu nome indica tomamos o pulso no arteria carótida, situado no pescozo.
Identifica a zona do pescozo preto da tráquea. Pódese tomar o pulso da carótida en ambos lados do pescozo.
Pon a punta dos dedos índice e corazón no surco do pescozo o largo da tráquea para sentir o pulso na arteria carótida. Non presiones en ambos lados do pescozo o mesmo tempo, xa que pode que sintas aturdimento ou mareos.
Aplica so a presión necesaria para que podas sentir os latexos, xa que se oprimes demasiado podes obstruir o fluxo sanguíneo.
Conta as pulsacións durante un minuto, ou durante 6 segundos e añade un 0 o resultado.