• Inicio
  • O centro
    • Benvida
    • Equipo directivo
    • Persoal non docente
    • Consello escolar
    • Biblioteca
    • ANPA
    • Documentos do centro
  • Ensinanzas
    • Oferta educativa
    • Currículo
    • Lexislación e normativa
    • Agrupacións
      • Grao elemental
        • Banda infantil
        • Combos de música moderna
        • Coro infantil
        • Grupo de percusión Atacca Junior
        • Orquestra de cámara
        • Orquestra infantil
      • Grao profesional
        • Banda sinfónica
        • Banda xuvenil
        • Coro
        • Ensemble de guitarras e harpas
        • Grupo de persusión Attacca
        • Orquestra sinfónica
        • Orquestra xuvenil
  • Acceso
    • Información xeral
    • Acceso a 1º de Grao Elemental
    • Acceso a 1º de Grao Profesional
    • Acceso a outros cursos
    • Resultados e listaxes
    • Traslado de matrícula
  • Profesorado
    • Claustro do profesorado
    • Departamentos
      • Canto
      • Composición
      • Conxunto
      • Corda pulsada
      • Corda
      • Instrumentos antigos
      • Linguaxe musical
      • Percusión
      • Pianistas acompañantes
      • Tecla
      • Vento madeira
      • Vento metal
    • Coordinacións
      • EDLG
      • Erasmus+
      • Grao elemental
      • Igualdade
      • Proxecto inclusivo
      • TIC
      • Sección bilingüe
  • Alumnado
    • Guía do alumnado
    • Titorías
    • CentrosNet
      • Acceso Centros-Net
      • Instrucións
    • Aula Virtual
      • Acceso
      • Instrucións
    • Punto Laranxa
  • Administración
    • Calendarios e horarios
    • Matrícula
    • Solicitudes e impresos
    • Bolsas e axudas
  • Actividades
  • Contacto

User account menu

  • Iniciar sesión
Inicio
  • Inicio
  • O centro
    • Benvida
    • Equipo directivo
    • Persoal non docente
    • Consello escolar
    • Biblioteca
    • ANPA
    • Documentos do centro
  • Ensinanzas
    • Oferta educativa
    • Currículo
    • Lexislación e normativa
    • Agrupacións
      • Grao elemental
        • Banda infantil
        • Combos de música moderna
        • Coro infantil
        • Grupo de percusión Atacca Junior
        • Orquestra de cámara
        • Orquestra infantil
      • Grao profesional
        • Banda sinfónica
        • Banda xuvenil
        • Coro
        • Ensemble de guitarras e harpas
        • Grupo de persusión Attacca
        • Orquestra sinfónica
        • Orquestra xuvenil
  • Acceso
    • Información xeral
    • Acceso a 1º de Grao Elemental
    • Acceso a 1º de Grao Profesional
    • Acceso a outros cursos
    • Resultados e listaxes
    • Traslado de matrícula
  • Profesorado
    • Claustro do profesorado
    • Departamentos
      • Canto
      • Composición
      • Conxunto
      • Corda pulsada
      • Corda
      • Instrumentos antigos
      • Linguaxe musical
      • Percusión
      • Pianistas acompañantes
      • Tecla
      • Vento madeira
      • Vento metal
    • Coordinacións
      • EDLG
      • Erasmus+
      • Grao elemental
      • Igualdade
      • Proxecto inclusivo
      • TIC
      • Sección bilingüe
  • Alumnado
    • Guía do alumnado
    • Titorías
    • CentrosNet
      • Acceso Centros-Net
      • Instrucións
    • Aula Virtual
      • Acceso
      • Instrucións
    • Punto Laranxa
  • Administración
    • Calendarios e horarios
    • Matrícula
    • Solicitudes e impresos
    • Bolsas e axudas
  • Actividades
  • Contacto

Miga de pan

  • Inicio
  • Guía do alumnado

Guía do alumnado

Nesta guía atoparás a información básica para o curso 2026/27: calendario, estudos, normas, matrícula e servizos do conservatorio.

Índice

  1. O conservatorio
  2. Calendario do curso 2026/27
  3. Os estudos
  4. Asistencia e puntualidade
  5. Avaliación, reclamacións e ampliación de matrícula
  6. Titorías
  7. Matrícula e secretaría
  8. Ensaios co profesorado pianista acompañante
  9. Espazos e servizos
  10. Convivencia
  11. Información para as familias
  12. Documentos do centro

1. O conservatorio

O Conservatorio Profesional de Música da Coruña é un centro público dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, no que se imparten o grao elemental e o grao profesional das ensinanzas de música.

Horario do centro: de luns a xoves, de 9:00 a 22:00 h; venres, de 9:00 a 21:00 h.

Especialidades: acordeón, arpa, baixo eléctrico, canto, clarinete, clave, contrabaixo, fagot, frauta, guitarra, guitarra eléctrica, óboe, percusión, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba, viola, violín e violonchelo.

Ademais das clases, o centro organiza concertos, audicións, cursos con profesorado convidado, intercambios e o concurso de solistas, e conta coa Sección Bilingüe -Inglés- e cun programa específico para alumnado con necesidades educativas especiais.

Agrupacións: Orquestra Sinfónica, Orquestra Xuvenil, dúas orquestras infantís de grao elemental, Banda Sinfónica, Banda Xuvenil, Banda Infantil, Coro de Grao Profesional, Coro Infantil, Ensemble NEE, dúas agrupacións de percusión e Ensemble de guitarras e arpas.

2. Calendario do curso 2026/27

Clases: do mércores 16 de setembro de 2026 ao luns 21 de xuño de 2027.

Vacacións e días non lectivos

  • Nadal: do 22 de decembro ao 7 de xaneiro
  • Entroido: 8, 9 e 10 de febreiro
  • Semana Santa: do 22 ao 29 de marzo
  • Outros días non lectivos: 7 de outubro (Rosario), 12 de outubro, 7 de decembro (Día do Ensino), 8 de decembro, 19 de marzo e 17 de maio (Día das Letras Galegas)

Avaliacións

  • 1ª avaliación: do 16 de setembro ao 4 de decembro
  • 2ª avaliación: do 9 de decembro ao 12 de marzo
  • 3ª avaliación: do 15 de marzo ao 2 de xuño
  • Ampliación e recuperación: do 3 ao 21 de xuño

Semanas de exames e sesións de avaliación

  • 1ª avaliación: exames do 30 de novembro ao 4 de decembro · sesión de avaliación o 10 de decembro
  • 2ª avaliación: exames do 8 ao 12 de marzo · sesión de avaliación o 17 de marzo
  • 3ª avaliación (6º de GP e quen o solicite): exames do 26 ao 30 de abril · recitais de fin de grao profesional do 3 ao 7 de maio · sesión de avaliación o 10 de maio
  • 3ª avaliación (resto do alumnado): exames do 24 ao 28 de maio · sesión de avaliación final ordinaria o 2 de xuño

Cambio de data da avaliación final

O alumnado de 6º de grao profesional ten a avaliación final en maio, antes que o resto. Pódese solicitar un cambio de data nestes dous casos:

  • Alumnado de 6º de GP que prefira ser avaliado en xuño, nas datas xerais do grao profesional.
  • Alumnado de 2º de bacharelato doutro curso de GP que queira adiantar a avaliación final a maio, coas datas de 6º de GP, para compatibilizala coa ABAU.

A solicitude diríxese á dirección do centro e entrégase en secretaría.

Descargar solicitude ↗

Probas de acceso e exames extraordinarios

  • Probas de acceso a grao elemental: do 7 ao 9 de xuño
  • Probas de acceso a grao profesional: do 9 ao 11 de xuño
  • Exames extraordinarios: 22 e 23 de xuño
  • Probas de acceso a outros cursos: 25 de xuño

Calendario elaborado segundo a Orde do 4 de xuño de 2026 (DOG núm. 110, do 15 de xuño de 2026).

3. Os estudos

Grao elemental (4 cursos)

En todos os cursos: instrumento (1 hora semanal), linguaxe musical (2 horas) e educación auditiva e vogal (1 hora).

Grao profesional (6 cursos)

O instrumento (1 hora semanal) cúrsase en todos os cursos. O resto de materias depende do curso:

CursoMaterias
1º e 2ºLinguaxe musical
3ºHarmonía, Novas tecnoloxías aplicadas á música
4ºHarmonía, Historia da música
5ºAnálise, Historia da música, Música de cámara
6ºAnálise, Música de cámara, un itinerario e unha optativa

Ademais, segundo a especialidade:

  • Vento, percusión e corda frotada: Orquestra ou Banda en todos os cursos, Conxunto en 1º e 2º, e Piano complementario de 3º a 6º.
  • Piano, acordeón e clave: Coro en todos os cursos, Conxunto de 1º a 4º, e Repentización e acompañamento de 4º a 6º.
  • Guitarra: Coro en todos os cursos, Conxunto de 1º a 4º, Piano complementario de 3º a 6º, e Repentización e acompañamento en 5º e 6º.
  • Baixo eléctrico e guitarra eléctrica: Coro e Conxunto en todos os cursos (en lugar de Música de cámara), Piano complementario de 3º a 6º, e Repentización e acompañamento en 5º e 6º.
  • Canto: Idiomas aplicados ao canto en todos os cursos, Coro en 1º e 2º, Música de cámara de 3º a 6º e Piano complementario de 3º a 6º. Non cursa Novas tecnoloxías.

4. Asistencia e puntualidade

  • A asistencia é obrigatoria en todas as actividades lectivas: clases, exames e audicións.
  • Durante a xornada lectiva non se pode abandonar o centro sen causa xustificada.
  • Se tes un motivo para chegar tarde de forma habitual (horario do instituto, transporte...), comunícao e xustifícao en xefatura de estudos para que eses atrasos non se contabilicen.
  • Se falta un/unha docente, o alumnado queda a cargo do profesorado de garda.

Se non podes asistir con regularidade

O alumnado que non poida asistir de maneira regular ás clases ten dereito a unha proba extraordinaria, que se celebra preferentemente o último día de clase do curso e abrangue toda a materia. É responsabilidade do alumnado falar co profesorado para pedir o material e informarse da data e hora da proba.

5. Avaliación, reclamacións e ampliación de matrícula

Reclamacións e copia de exames

  • Se non estás de acordo coas cualificacións finais, ti ou a túa familia podedes reclamalas segundo a normativa vixente.
  • Para obter copia dun exame, solicítaa por escrito en secretaría co modelo 14, un por cada exame e materia. Entrégase nun prazo máximo de 7 días.

Ampliación de matrícula

A ampliación de matrícula (cursar dous cursos nun mesmo ano) é excepcional. Os requisitos son:

  • ter unha cualificación elevada en todas as materias do curso actual,
  • contar co acordo de todo o profesorado,
  • asistir como oínte ás materias teórico-prácticas do curso seguinte desde, polo menos, outubro.

O proceso iníciao o titor ou titora en outubro. A proposta avalíase na 1ª avaliación e debe aprobala o Consello Escolar antes de formalizar a matrícula.

6. Titorías

  • O teu titor ou titora é o/a profesor/a da túa especialidade instrumental.
  • Coordina ao resto do profesorado do/a alumno/a e manterá, polo menos, unha reunión trimestral coa familia.
  • Tamén orienta sobre itinerarios, optativas e posibilidades profesionais ou de estudos superiores.
  • Tes dereito a coñecer o seu horario de titoría. Consulta aquí os horarios de titoría.

7. Matrícula e secretaría

Documentación para a matrícula

  • Alumnado novo no centro: fotocopia do DNI ou do libro de familia e unha foto pegada no carné do conservatorio (laranxa para grao elemental, verde para grao profesional).
  • Alumnado que xa estudou no centro: o carné de cursos anteriores, para selalo e actualizalo.
  • Alumnado procedente doutro conservatorio: o mesmo que o alumnado novo, máis unha autorización asinada para solicitar o traslado de expediente.

Os impresos cóbrense en maiúsculas e con letra clara. Durante o curso hai que comunicar en secretaría calquera cambio nos datos persoais.

Prezos públicos

 Grao elementalGrao profesional
Primeira matrícula no centro172 €267 €
Alumnado xa matriculado o curso anterior150 €245 €
Materia solta34 €51 €

A primeira matrícula inclúe a apertura de expediente (22 €). Todas inclúen os servizos xerais (13 €). Outros prezos: validación de materias, 6 €; probas de acceso, 34 €.

Pagamento fraccionado: a matrícula pódese pagar en dous prazos. O segundo págase obrigatoriamente por domiciliación bancaria en xaneiro, e para iso hai que cubrir e asinar o documento oficial de pagamento fraccionado.

Bonificacións e exencións

  • Familia numerosa: 50% de desconto na categoría xeral e exención total na especial. Achégase o título orixinal actualizado e unha fotocopia.
  • Matrícula gratuíta: alumnado con discapacidade igual ou superior ao 33%, vítimas de actos terroristas (e os seus cónxuxes e fillos/as), vítimas de violencia de xénero (e fillos/as de vítimas) e persoal funcionario dos corpos docentes (neste caso, só nas materias de nova matrícula e sen incluír apertura de expediente nin servizos xerais). En todos os casos hai que acreditar a situación con documentación orixinal.
  • Matrícula de honra: cada unha dá dereito a unha materia gratuíta no curso seguinte (51 € de desconto por cada unha).
  • Bolsas do Ministerio: se vas solicitar bolsa, comunícao en secretaría ao facer a matrícula e non pagues as taxas ata que se resolva. Non se pode solicitar bolsa para materias soltas de cursos anteriores.

Normativa: Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG núm. 114).

Outros trámites

  • Validación de materias con ESO e bacharelato: o alumnado que curse simultaneamente estas ensinanzas pode validar ou quedar exento de determinadas materias segundo a Orde do 22 de xuño de 2023.
  • Copia de exames: solicítase co modelo 14 (ver o apartado Avaliación e reclamacións).

8. Ensaios co profesorado pianista acompañante

  • Os ensaios resérvanse semanalmente nun caderno na conserxería. Anótaste de venres a xoves para a semana seguinte, indicando nome, instrumento, curso e obra.
  • Para ser acompañado/a nunha audición é imprescindible ter feito previamente os ensaios mínimos que establece o departamento.

9. Espazos e servizos

Cabinas de estudo

  • Hai cabinas na 1ª planta (1–15) e na zona do auditorio (1–7), sempre que non se estean usando para clase.
  • Para usalas, anótate na conserxería e deixa alí o carné do conservatorio. O uso máximo é dunha hora, renovable se non hai máis demanda.
  • Son só para estudo individual. Non se pode comer nin beber, nin abrir as xanelas mentres tocas.
  • Comunica en conserxería calquera dano que atopes ao entrar e devolve sempre as chaves ao saír.
  • O alumnado de cursos avanzados pode solicitar por escrito á vicedirección o uso doutras aulas para estudar.

Biblioteca

  • A consulta en sala é libre. O préstamo funciona de principios de outubro ao 31 de maio.
  • Prazos: libros, 7 días; partituras, 1 día; CD/DVD, 2 días. Podes levar ata 2 exemplares (1 no caso de CD ou DVD).
  • Os ordenadores son só para uso educativo, en sesións de 30 minutos.
  • Os atrasos na devolución supoñen non poder pedir préstamos durante o resto do trimestre.

Outros espazos

  • Wifi: 
  • Sala do alumnado: para maiores de 16 anos, con microondas e armario. Hai que anotarse na conserxería á entrada e á saída.
  • Ascensor: só para quen leve un instrumento pesado ou teña mobilidade reducida. Pídello aos conserxes.
  • Auditorio: non se pode comer nin beber, e non se permite gravar os concertos agás con fins pedagóxicos autorizados.
  • Zonas exteriores: están prohibidos os xogos con balón.

10. Convivencia

No conservatorio conviven persoas de idades moi diferentes, desde os 7 anos ata a idade adulta. Por iso pedimos a todo o alumnado respecto, puntualidade e coidado dos espazos e do material.

Normas básicas

  • Respecta a todas as persoas da comunidade educativa: profesorado, compañeiros e compañeiras, conserxes e persoal de administración.
  • Sé puntual e agarda fóra da aula sen molestar a quen estea dentro.
  • Coida as instalacións, os instrumentos e o material, propio e alleo.
  • Respecta as normas de cada espazo (biblioteca, auditorio, cabinas, sala do alumnado), que están nas portas e nas NOF.

Teléfonos móbiles e gravacións

  • Non se permite usar o móbil nin outros dispositivos dentro do centro (corredores, auditorio...). Na aula só se poden usar con fins pedagóxicos e co permiso do profesorado.
  • Está prohibido gravar actuacións ou facer fotos a outras persoas sen o seu consentimento, e tamén difundilas.
  • Se hai algunha incidencia, o centro avisará ás familias desde o teléfono da conserxería.

Que se considera falta

Faltas leves, por exemplo: comportamento inadecuado en clase, faltas de asistencia ou puntualidade reiteradas e sen xustificar, ir a clase sen o material, usar o móbil, ou causar danos leves nas instalacións ou no material.

Faltas graves, por exemplo: ofensas ou agresións a calquera membro da comunidade educativa, gravar ou difundir imaxes sen consentimento, causar danos graves, falsificar documentos académicos, incumprir as medidas correctoras ou acumular tres faltas leves.

Medidas correctoras

  • Faltas leves: amoestación verbal ou escrita, tarefas en beneficio do centro, retirada do móbil ata o final da xornada lectiva ou, nos casos máis serios, suspensión do dereito de asistencia ata unha semana.
  • Faltas graves: tarefas en beneficio do centro, suspensión do dereito de asistencia entre catro días e un mes ou, no caso máis extremo, expulsión do centro.
  • Quen cause danos deberá reparalos ou facerse cargo do seu custo.
  • As medidas comunícanse sempre ás familias do alumnado menor de idade, e pódense recorrer ante a Xefatura Territorial no prazo dun mes.

Acoso escolar

Se sofres ou coñeces unha situación de acoso, ou tes indicios dela, comunícao canto antes ao equipo directivo. Podes facelo:

  • por correo electrónico ao centro,
  • a través de CentrosNET,
  • a través do punto laranxa,
  • ou persoalmente, pedindo cita coa xefatura de estudos.

Toda a información tratarase con confidencialidade.

11. Información para as familias

  • Agardade o alumnado fóra do edificio. Non se pode subir ás aulas sen cita previa ou permiso.
  • Excepcionalmente, podedes acompañar ata a porta da aula se o instrumento é moi voluminoso ou o/a alumno/a está lesionado/a, pero sen interromper a clase.
  • Para circular polos corredores fai falta autorización e levar visible o carné que facilita o centro.
  • Se precisades falar con urxencia cun/cunha docente, pedídelle á conserxería que lle avise.
  • As familias poden solicitar entrevista co equipo directivo a través da conserxería.

12. Documentos do centro

Aquí podes atopar a documentación do centro

Subscribirse a Guía do alumnado
Xunta de Galicia

© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na Internet polo centro educativo

Mapa do sitio - Contacto co centro - Accesibilidade - Aviso Legal

CMUS Profesional da Coruña