- Inicio
- O centro
-
Ensinanzas
- Oferta educativa
- Currículo
- Lexislación e normativa
- Agrupacións
- Acceso
- Profesorado
-
Alumnado
- Guía do alumnado
- Titorías
- CentrosNet
- Aula Virtual
- Punto Laranxa
- Administración
- Actividades
- Contacto

Director
Antonio Facal Rivas
O Coro de Grao Profesional do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña está formado por alumnado de 1º a 6º curso deste grao das especialidades de Canto, Guitarra, Piano e Acordeón fundamentalmente, e conta cunha crecente traxectoria dende a súa formación, coa participación en concertos solidarios a favor de diversas ONG (Terra de Homes, Banco de Alimentos Rías Altas, Down Coruña), xunto ás Agrupacións Sinfónicas, Coro Infantil do centro e Ensembles Instrumentais, dentro e fóra do centro — no Pazo da Ópera, Teatro Rosalía de Castro, Teatro Colón, Igrexa de María Auxiliadora (Os Salesianos) desta cidade.
Parte integrante do labor educativo deste Coro é o traballo en valores transversais, desenvolvido a través de actividades específicas de colaboración interdisciplinar co ensino secundario.