- Inicio
- O centro
-
Ensinanzas
- Oferta educativa
- Currículo
- Lexislación e normativa
- Agrupacións
- Acceso
- Profesorado
-
Alumnado
- Guía do alumnado
- Titorías
- CentrosNet
- Aula Virtual
- Punto Laranxa
- Administración
- Actividades
- Contacto
O equipo directivo do Conservatorio Profesional de Música da Coruña quere darlles a benvida a todas aquelas persoas que visiten este espazo virtual e ó mesmo tempo ofrecerlles un instrumento de información para toda a comunidade escolar.
A cidade da Coruña conta cunha gran tradición musical, onde se atopan magníficas agrupacións e institucións. Entre elas, o Conservatorio Profesional é, sen ningunha dúbida, unha peza fundamental para a formación musical do noso alumnado para que o día de mañá poida ocupar postos de responsabilidade nas mesmas e sexan portadores e portadoras da cultura musical da nosa cidade.
O noso conservatorio é un centro dependente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia con moitos anos de tradición, que imparte os graos Elemental e Profesional, e conta na actualidade aproximadamente cuns 700 alumnos.
A nosa función é formar ás vindeiras profesionais e conseguir que a educación musical se achegue a toda a cidadanía.
Querémosvos así invitar a visitar esta páxina web e agradecer a confianza que depositades en nós para a educación das vosas crianzas.
O equipo directivo