- Inicio
- O centro
-
Ensinanzas
- Oferta educativa
- Currículo
- Lexislación e normativa
- Agrupacións
- Acceso
- Profesorado
-
Alumnado
- Guía do alumnado
- Titorías
- CentrosNet
- Aula Virtual
- Punto Laranxa
- Administración
- Actividades
- Contacto
O Proxecto Inclusivo do centro responde á necesidade de favorecer o acceso ás ensinanzas regradas de música a todo tipo de alumnado. Este proxecto de innovación educativa foi autorizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en 2011 e está regulado na Orde do 25 de outubro de 2022.
Destinatarios
Este proxecto vai dirixido ao alumnado con necesidades educativas especiais, escolarizado en centros ordinarios ou de educación especial, que se considere apto para seguir as ensinanzas musicais de grao elemental. O alumnado deberá ter a autonomía suficiente para desenvolverse no centro sen precisar asistencia individual de persoal docente e/ou non docente.
Requisitos
Será indispensable que os/as aspirantes superen unha proba específica de acceso na que se avaliarán as aptitudes musicais. Os requisitos para poder participar nas probas de acceso son:
- Ter entre 8 e 18 anos.
- Realizar a preinscrición da proba nas datas determinadas polo centro.
- Achegar na preinscrición a documentación que avale as condicións de discapacidade do alumnado, incluíndo un informe do departamento de orientación do centro educativo no que está escolarizado o alumno/a (anexo 1 da Orde do 25 de outubro de 2022).
- Achegar autorización asinada polos pais/nais/titores legais para o traslado de información psicopedagóxica entre a xefatura de departamento de orientación do centro de réxime xeral e a coordinación do Proxecto Inclusivo (anexo 2 da mesma Orde).
Reserva de prazas
O número de prazas non será menor ao 3% do total das prazas ofertadas polo centro.
Probas de acceso
A proba de acceso adaptarase ás circunstancias persoais de cada alumno/a, avaliando a aptitude rítmica, auditiva, vocal e psicomotriz dos/das aspirantes.
As especialidades instrumentais ofertadas serán asignadas polo tribunal avaliador en función das preferencias dos/das aspirantes e da valoración do tribunal sobre a adecuación das capacidades e necesidades específicas de cada aspirante.
Organización académica
O proxecto encádrase no Decreto 198/2007, do 27 de setembro, polo que se establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música, e réxese pola normativa vixente. A organización académica é a seguinte:
- 1 sesión semanal de clase individual de instrumento
- 2 sesións semanais da materia de Linguaxe Musical
- 1 sesión semanal de Educación Auditiva e Vocal
- Poderán dispoñer dunha hora de clase colectiva co resto do alumnado matriculado na especialidade, sempre que a dispoñibilidade do profesorado, espazos e tempos do centro o permita.
A duración das sesións será a que o equipo de profesorado determine en función das competencias curriculares de cada alumno/a.
Matrícula
O alumnado cunha discapacidade superior ao 33% terá matrícula gratuíta.
Coordinadora
Arantxa Vera Beltrán