- Inicio
- O centro
-
Ensinanzas
- Oferta educativa
- Currículo
- Lexislación e normativa
- Agrupacións
- Acceso
- Profesorado
-
Alumnado
- Guía do alumnado
- Titorías
- CentrosNet
- Aula Virtual
- Punto Laranxa
- Administración
- Actividades
- Contacto

A Orquestra Sinfónica do CMUS da Coruña está integrada por uns 60 músicos, todos eles estudantes dos últimos cursos de Grao Profesional das diferentes especialidades que se dan cita no plantel orquestral.
É un proxecto educativo que serve para que o alumnado teña unha apropiada actividade orquestral que lle permita completar a súa formación. Ademais, acompaña aos gañadores do Concurso de Solistas que organiza o conservatorio, polo que ademais da música sinfónica hai un gran interese pola formación solística. O percorrido estilístico das obras interpretadas abrangue desde o Barroco ata o século XXI.
Ten participado en numerosos concertos solidarios e intercambios con outros conservatorios.
Director
Javier Cedrón Fernández