
Con motivo do Mes do Alzhéimer, alumnado de 1º curso do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e de 1º e 2º curso do CS de Animación Sociocultural e Turística participou nunha charla sobre as demencias e a enfermidade de Alzhéimer, impartida por Silvia Loureiro, logopeda e coordinadora da entidade Alzhéimer Ferrolterra.
