O domingo 8 de marzo a asociación Áurega (asociación que presta apoio a nenos/as con altas capacidades) presentou o Programa STEM TALENT GIRL , unha iniciativa da Fundación ASTI , que ten por obxectivo despertar vocacións tecnolóxicas e científicas entre o alumnado feminino.
O Campus Industrial de Ferrol e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organizan, o vindeiro MÉRCORES 25 de MARZO de 2026, a V Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial de Ferrol.
Dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos oficiais de Grao Superior de Formación Profesional.
Quenda de mañá - de 09:30 a 13:45 horas - Colexios e institutos
Quenda de tarde - de 16:00 a 20:00 horas - Público Xeral (Visitas individuais, grupos de amigos/as, en familia...)