
Bo día a todas e todos,
Desde o centro vimos de poñer en marcha unha pequena acción colaborativa para poñer en valor a riqueza da nosa lingua e a diversidade das expresións propias de cada zona.
A proposta consiste en que cada persoa (profesorado e alumnado) escriba nun papel unha palabra ou expresión en galego que sexa característica da súa zona, da súa familia ou do seu contorno, e que non apareza no dicionario oficial. Xunto a ela, deberá indicar tamén o seu significado ou explicación.