A continuación se citan algúns dos recursos tecnolóxicos que vos propoño para empezar. Non son os únicos, nin moito menos, pero todos eles son gratuitos ou teñen unha versión gratuita, son sinxelos de usar e traballan con formatos de arquivo estándares, o que permite poder reutilizalos máis adiante. Ademáis explicarase o seu uso no curso.
Aula virtual.
O primeiro é escoller un sitio web que servirá de referencia ao nos alumnado para traballar. A elección do Moodle está xustificada polo seu uso masivo na teleformación e pola súa presenza en todos os centros educativos da Consellería de Educación da Xunta de Galiza, o que facilita e garantiza a accesibilidade, a súa perdurabilidade e a seguridade do traballo realizado.
Recurso tecnolóxico: Moodle.
Creación de contidos.
Para propocionar os contidos ao noso alumnado, podemos empregar manuais web, en arquivo, ou videos. Recomendo combinar manuais cós contidos detallados con videos de exemplos e explicacións dos procedementos de traballo. A maioría do alumnado comezará usando os videos, pero recurrirá aos manuais en busca das dúbidas específicas.
Ademáis, combinando distintos tipos de recursos contemplamos a diversidade na aula.
- Arquivos PDF: podemos subir á nosa aula virtual un manual en PDF, pero para asegurarnos que o alumnado vai a traballar có arquivo, é importante que teña imaxes, un tamaño de letra axeitado, un índice con títulos e subtítulos para poder acceder rápidamente a unha área de interés. Só os alumnos máis avanzados prefiren este tipo de recurso para traballar os contidos.
Recurso tecnolóxico: calquera editor de texto que permita exportar a PDF.
- Paquetes de contidos Web: permiten crear contidos en formato web, organizados en páxinas, cun índice e poden incluir imaxes, videos e incluso algunhas actividades.
Recurso tecnolóxico: exeLearning.
- Videos: o xeito ideal para traballar con alumnado con escasos coñecementos previos, dificultades lecto-escritoras ou TDH son os videos. Mellor curtos e que traballen un único concepto ou procedemento. Eso facilita o traballo ao alumnado, e tamén a súa elaboración.
Recurso tecnolóxico: se queremos gravar unha clase, Webex ou OBS. Persoalmente, non recomendo videos longos porque o alumnado se aburre e deixa de facer caso.
Recurso tecnolóxico: ideal para gravar exemplos ou procedementos de traballo. Screen Recorder, de uso moi sinxelo, ten unha versión gratuita con restriccións . O OBS é máis complexo e completo pero non ten restriccións.
Creación de tarefas.
Neste curso imos centrarnos nas actividades que proporciona o Moodle. Pola súa variedade, permite elaborar un conxunto de actividades progresivas, de distinto tipo, e axeitadas á diversidade dun grupo. Ademáis, podo crear actividades de corrección e feedback automáticos, perfectas como actividades de repaso tanto de contidos como de exercicios.
Recurso tecnolóxico: actividades de Moodle.
Proceso de cualificación e avaliación.
Para facilitar o proceso de cualificación e avaliación.
Recurso tecnolóxico: rúbricas e libro cualificador de Moodle.
A comunicación.
Manter a comunicación có noso alumnado e os compañeiros é fundamental para o correcto funcionamento do curso.
- Videoconferencia: O uso do Zoom e do Skype, aínda que bastante maioritario, non se explicará no curso, pero se contestará a dúbidas concretas sobre eles.
Recursos tecnolóxicos: Webex, Zoom, Skype. Explicaremos o Webex xa que é o recomendado pola Xunta e garante a seguridade dos datos persoais dos participantes.
- Mensaxería: O uso do correo electrónico non se explicará no curso, pero se contestará a dúbidas concretas sobre o seu funcionamento.
Recursos tecnolóxicos: correo electrónico, mensaxería, foros e chat de Moodle, para a comunicación có alumnado, e abalar móvil para a comunicación coas familias.
Imaxes.
Para o tratamento de imaxes, que é aconsellable incluir en case todos os obxectos educativos multimedia, traballaremos con dúas aplicacións moi sinxelas.
Recursos tecnolóxicos: Recortes e Paint.