Saltar navegación

Consellos para o deseño

DeseñoNon hai que ter superpoderes, só hai que manter a cabeza fría, axeitarse ao potencial de cada un e ser práctica! 

  1. Seleccionar a tecnoloxía adecuada... non necesitamos usar todo, e ademáis é importante seleccionar aquela que se axuste ás nosas necesidades didácticas.
  2. Deseñar os obxectos de aprendizaxe para o curso seguindo criterios didácticos: que respondan aos obxectivos, claros, fáciles de usar, adecuado nivel de dificultade, feedback,....
  3. Ter en conta o coste de mantemento da tecnoloxía a utilizar así como o tempo de vida da mesma. Empregar ferramentas gratuitas, sinxelas e que traballen con formatos estándar. Se non es un experto, non recurras a ferramentas sofisticadas, pois dificultará a túa apredizaxe e pode producir frustración e abandono.
  4. Presentar os contidos con orde, claramente organizados. Aquí adquire relevancia a máxima de "menos é máis", sobre todo á hora de presentar os recursos ao alumnado, para que non boten a correr nada máis ver o curso/blog/wiki...

Para que os nosos obxectos de aprendizaxe teñan en conta a diversidade da aula, podemos seguir algúns dos consellos de Mayer, Schnotz, María Bannert ou Paivio, todos eles estudiosos dos procesos de aprendizaxe e da aprendizaxe multimedia. Aquí deixo algúns dos consellos propostos para o deseño de obxectos de aprendizaxe multimedia:

  • Recurrir á teoría do código dual (Paivio, 1986): A memorización de información textual é maís doada cando ven ilustrada con imaxes.
  • Respetar os principios de coherencia e de contigüidade (Mayer, 1997): evitar elementos multimedia supérfluos, ubicar espacialmente unidos textos e imaxes relacionadas e cuidar a sincronización temporal do material verbal e visual relacionado.
  • Ter en conta que os aprendices con baixo coñecemento previo benefícianse moito das imaxes nos textos (Schnotz y Bannert, 1999). 
  • Usar animacións cun obxectivo dobre: para dirixir a atención dos aprendices hacia os aspectos importantes do contenido (Schnotz y Bannert, 1999) e para ordear a secuencia de asimilación dos contidos no proceso de aprendizaxe.
  • Utilizar audios e imaxes maioritariamente, deste modo, a capacidade visual está totalmente dispoñible para a imaxe e a capacidade auditiva está totalmente dispñible para o texto (Schnotz y Bannert,1999). Reforza a idea de que para o alumnado con baixos coñecementos previos, é máis útil un videotitorial que un manual en pdf.
  • Utilizar elementos interactivos para potenciar a actividade cognitiva do alumnado mediante actividades de autoevaluación.(Schnotz y Bannert, 1999)