Pero non todo o traballo depende de nos como docentes! Se queremos ofrecer unha comunidade virtual de aprendizaxe eficiente, sería necesaria unha xestión adecuada do e-learning, e imprescindible para obtela:
- Imaxe corporativa: Fixar uns estándares e formatos para dar unha imagen unificada. Por exemplo, nunha aula virtual todos os cursos coa mesma estructura (logo, plantilla, organización dos contidos,etc.). Deste xeito, un alumno que teña feito xa algún curso nesta aula virtual, xa coñecerá o aspecto que van ter os cursos, cómo se organizan os seus contidos, e a dinámica xeral de traballo. Esta cuestión se agudiza se o entorno educativo da cabida a máis dun docente, por exemplo, unha aula virtual onde cada curso é dun titor diferente.
- Formación: Facilitar o acceso e formación de software de desarrollo para obxectos de aprendizaxe aos docentes.
- Información: Comunicar actualizacións e modificacións na plataforma.
- Normas de actuación: Establecer normas de actuación na plataforma, así como dereitos e deberes de docentes e discentes da mesma.
- Soporte técnico: Atender e resolver eficientemente calquera problema técnico derivado por profesores o alumnos.
Se a aula virtual non ten unha xestión adecuada pode derivar no desinterés do alumnado, pola falta de formalidade que detecta no entorno. Unha imaxe pouco seria non invita a unirse ao grupo e desanima no seguimento do curso.