O eLearning é «una enseñanza a distancia, abierta, flexible e interactiva basada en el uso de las nuevas tecnologías de la información y de la comunicación, y de las comunicaciones, y sobre todo aprovechando los medios que ofrece la red Internet» (Azcorra et al., 2001).
Tal definición permítenos extraer unha serie de descriptores do eLearning: formación, a distancia, basada en tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), e fundamentalmente apoiadas en Internet. Pero a labor docente segue a ter o mesmo obxectivo: ensinar ao alumnado!
Imos ver as diferencias que repercuten máis directamente no noso traballo:
Formación presencial:
- Rixidez temporal e xeográfica: a aprendizaxe e a resolución de dúbidas lévase a cabo en tempo real, nunhas horas determinadas, nunha aula determinada.
- A comunicación có alumnado realízase en tempo real e nun espazo fixo: na aula ou no IES, entornos definidos.
- Material, maioritarimente, en papel.
- Aprendizaxe baseado na explicación do docente, que expón e estructura os contidos e amosa os exemplos.
- O alumnado recibe pasivamente o coñecemento.
Formación basada en rede ou eLearning:
- Non existe rixidez nin temporal nin xeográfica, agás puntualmente nas videoconferencias, que non deben ser a pedra angular da nosa teleformación, por cuestión de recursos, disponibilidade, etc.
- Minimízase a comunicación en tempo real. Toda a comunidade educativa debe aprender a comunicarse de xeito asíncrono. Hai que saber esperar, e tamén estar pendente de responder nun tempo razonable, cun máximo tempo de espera coñecido por docentes e alumnado.
- Material dixital e/ou multimedia.
- Aprendizaxe baseado na documentación proporcionada. O nivel de comunicación entre docente e alumnado redúcese, e a documentación ten máis relevancia no proceso de ensino-aprendizaxe. Por esa razón, temos que invertir tempo e esforzo no desenvolvemento de contidos, para obter materiais didácticos eficientes e que contemplen a diverdidade da aula.
- O alumnado ten que tomar unha actitude proactiva, organizar os seus horarios e axendas de traballo, traballar os contidos, facer os exercicios, plantexar dúbidas e estar pendente das respostas e comunicacións dos docentes.