Funcións do docente na formación basada en rede.
O docente na teleformación, a diferencia da formación presencial, ten a esixencia de crear o curso antes de comezar as clases. O curso pode non estar completo, pero xa ten que reflexar a metodoloxía de traballo, a temporización, e, polo menos, a primeira unidade didáctica. Unha vez comeza o curso terá ademáis, que titorizar o curso.
Crear un curso online.
- Deseñar e crear material didáctico en formato dixital axeitado para a diversidade da súa aula.
- Propoñer tarefas e exemplos prácticos ao alumnado, tendo presente que sexan progresivas e axeitadas á diverdidade da aula.
- Definir a metodoloxía de traballo. É importante que esté presente nun lugar visible, na cabeceira do curso ou nun arquivo que e chame "Cómo imos a traballar?", por exemplo.
- Avaliar os medios e adaptalos en función da diversidade da aula.
Titorizar un curso online.
- Manter actualizados os recursos.
- Facilitar o proceso ensino-aprendizaxe:
- Atender nun tempo razonable e eficientemente, as consultas e a corrección de traballos dos alumnos. Ás veces as respostas chegan pero non có nivel de detalle necesario, por exemplo, nas tarefas é imprescindible identificar os erros, senón non poden ser detectados e correxidos polo alumno.
- Estar presente e facer un seguimento. É imprescindible un seguimento do alumnado, non só para avisar de prazos ou revisar as tarefas, senón para garantir que o alumnado se sinte vinculado ao grupo, involucrado no seu proceso de ensino-aprendizaxe, e para motivalo, axudalo se é preciso, e tamén felicitalo cando o mereza. Hai que ter en conta que un dos maiores riscos da formación baseada en rede é o sentimento de illamento que sinten algúns alumnos. Esto esixe, por parte do docente, manter unha comunicación regular có seu alumnado para minimizar a probabilidade de que esto ocorra.
Se o curso non ten unha titorización presente e adecuada, o alumnado síntese "so" ou "abandonado" ou "superado" e en moitas ocasións, esto deriva no abandono do curso.