Qué precisa un alumno online?
Os imprescindibles dende o punto de vista do alumnado, tendo en conta as enquisas realizadas ao longo de case dez anos en cursos de teleformación impartidos por min mesma, así como a miña propia experiencia como alumna en moitos cursos online, son os seguintes:
- Un titor ou titora accesible ao que poder recurrir en caso de dúbidas, e que responda eficientemente (tempo+calidade) de forma que o alumno no se sinta "so" no curso. O paso dun papel pasivo a un activo é complicado, require de axuda e motivación. Un bo titor ou titora é imprescindible.
- Un soporte técnico adecuado que resolva as súas dúbidas con respecto á plataforma utilizada para o curso.
- Unha guía clara onde se indique o programa do curso, as actividades a realizar, a axenda do curso coas datas relevantes, así como os criterios de avaliación do curso.
- As rúbricas de cada actividade para que teña claro qué é o que se pide e os criterios de avaliación da actividade.
- Unha organización clara dos contidos, para que non teña que "buscar" o que ten que facer.
- Actividades adaptadas ao nivel de dificultade do curso e dos contidos impartidos. Entre elas actividades colaborativas para promover a comunicación entre o alumnado e evitar a sensación de aillamento.
- A presenza no entorno e-learning de medios de comunicación como foros ou chats donde por en común con profesores e compañeiros dúbidas e comentarios.