FORO PARA COMPARTIR AS IMPRESIÓNS SOBRE "QUE SE ESTÁ A FACER NOS CENTROS"

Bibliotecas nos centros de educación especial.

Re: Bibliotecas nos centros de educación especial.

por Paco Diaz -
Número de respostas: 0
Pois tes moita razón, Marta.
O que non se menciona pasa por non existir e decerto que nos centros de educación especial tamén hai biblioteca escolar e tamén hai que preparar un bo Proxecto Lector.

Eu entendo que todos e cada un dos aspectos que tratamos neste curso de formación atinguen tamén aos PL dos centros de educación especial. Non está fóra do seu interese nin a lectura, nin a escritura, nin por suposto as habilidades informativas. Ben que adaptando os obxectivos ás necesidades específicas de apoio educativo de cada alumno ou alumna, as competencias implicadas neste proxecto son, se cabe, máis clave que en ningún outro centro, nos centros de educación especial.

Grazas pola túa intervención que nos recorda que os CEE tamén existen.