Sigamos léndolles e facelos disfrutar deste espazo!
En tódolos cursos aos que acudín nunca se nos nombra pero tamén existimos e penso que é fundamental nestes centros. Case todos os rapaces teñen un interese, lean ou non ( falando de "ler" como decodificación), pero lles gusta mirar os debuxos (ler imaxes), gústalles tocar (moitos libros teñen texturas diferentes)....e son os primeiros en darnos unha lección en como comportarse nunha biblioteca pública e mesmo na nosa. Penso que grazas a biblioteca podemos traballar con eles emocións dunha maneira motivadora e máis temas fundamentais, pois hai moitísimos libros que nos axudan e a este tipo de alumnando lles encanta que lle contemos un conto ( da igual a idade).
Pois tes moita razón, Marta.
O que non se menciona pasa por non existir e decerto que nos centros de educación especial tamén hai biblioteca escolar e tamén hai que preparar un bo Proxecto Lector.
Eu entendo que todos e cada un dos aspectos que tratamos neste curso de formación atinguen tamén aos PL dos centros de educación especial. Non está fóra do seu interese nin a lectura, nin a escritura, nin por suposto as habilidades informativas. Ben que adaptando os obxectivos ás necesidades específicas de apoio educativo de cada alumno ou alumna, as competencias implicadas neste proxecto son, se cabe, máis clave que en ningún outro centro, nos centros de educación especial.
Grazas pola túa intervención que nos recorda que os CEE tamén existen.