Respostas incorporadas ou Cloze é un tipo de pregunta moi potente xa que permite incluir varios tipos de resposta nun mesmo texto. Por exemplo, na imaxe de exemplo, hai multiescolla e resposta curta:
Na súa configuración teremos que empregar o editor de preguntas de cloze:
O proceso para crear a pregunta cloze é o seguinte:
- Escribimos o enunciado do exercicio.
- Onde queiramos por unha resposta para o alumnado, prememos a ferramenta para acceder ao editor Cloze e:
- Escollemos o tipo de resposta
- Escribimos o valor ou valores posibles
- Asignamos a cualificación aos valores
- Insertamos
Unha vez insertadas todas as cuestións, o noso enunciado quedaría cuns códigos insertados que identifican o tipo de pregunta, os posibles valores e tamén a cualificación de cada un deles: