Saltar la navegación

Banco da pregunta

O banco da pregunta permite crear, previsualizar e editar preguntas dentro dunha Base de Datos.

Esta ferramenta proporciona as categorías para organizar as preguntas. As categorías poden estar limitadas á proba, ao curso ou ser visibles dende toda a aula virtual.

Banco de pregunta curso
Licencia: Dominio público
Banco de pregunta proba
Licencia: Dominio público

As preguntas dunha categoría poden engadirse a unha Proba, un Cuestionario ou unha Lección. É posible engadir:

  • Todas as preguntas da categoría,
  • Só algunhas escollidas manualmente
  • Un número determinado delas escollidas aleatoriamente.

Tamén se poden escoller preguntas de distindas categorías para construir a proba.