Para editar a proba temos dúas posibilidades:
- Se a proba xa está feita, haique acceder á súa configuración e premer, no bloque de administración da proba, en "Editar proba"
- Se vimos de creala, de rematar á súa configuración, ao premer "Gardar e mostrar" entramos na edición da proba.
Despois accedemos á pantalla de edición da proba, onde poderemos:
- Xestionar as súas preguntas
- Xestionar a súa presentación (paxinación, distribución de preguntas, ...)
Para engadir preguntas temos dúas opcións:
- Engadir aleatoriamente un número determinado de preguntas dunha categoría. Cada vez que se abra a proba Moodle escolle ese nº de preguntas da categoría, deste xeito pode cambiar as preguntas dunha vez a outra.
- Engadir manualmente as preguntas: así poderemos escoller mezclar preguntas de distintas categoría, e escoller o número que queiramos de cada unha delas. A proba sempre terá as mesmas preguntas cada vez que se abra.
Antes de rematar, damos formato á proba. Para esto:
- Repaxinamos: escollemos o número de preguntas por páxina e engadimos ou eliminamos páxinas.
- Comprobamos, coa Vista previa, que a distribución das preguntas é a correcta, senón poderiamos recolocalas.
Se non nos gusta á distribución, volvemos á edición e movemos as preguntas entre páxinas:
Rematamos, premendo "Gardar".