Saltar la navegación

Categorias

As categorías permiten organizar as preguntas.

É imprescindible usalas, principalmente, para identificar o bloque de contidos ao que pertence cada pregunta, e, deste xeito, poder facer probas equilibradas que conteñan preguntas de todos os bloques de contido que queremos avaliar.

Por exemplo, no curso, creouse unha categoría por cada módulo. Se fixeramos unha proba final do curso, bastaría con coller algunhas preguntas de todas estas categorías, e así aseguraríamos que é unha proba equilibrada que avalía todos os contidos.

Hai unha categoría predeterminada por curso, dentro da cal debemos crear as nosas propias categorías para o noso curso. Estas categorías e as súas preguntas, só serán visibles a nivel do curso no que foron creadas.

Banco da pregunta: categorías
Licencia: Dominio público