As preguntas calculadas ofrecen unha forma de crear preguntas numéricas individuais por medio do uso de variables que son sustituidas por valores concretos cando se responde ao cuestionario.
A súa configuración, especialmente á pregunta calculada, é un pouco máis complexa cás vistas ata o de agora, pero todas elas, Calculada, Calculada simple e Calculada multiescolla se configuran de forma semellamente a como se explica a continuación.
- Configuración xeral, que incluirá variables no enunciado da pregunta e na resposta:
- Ao premer "Gardar modificacións" pasamos á configuración dos parámetros. Primeiro decidimos se imos por en común variables e datos para outras preguntas do banco ou non:
- Logo, prememos "Seguinte" e chegamos ao momento de xerar os conxuntos de datos para as nosas variables e gardalos:
- Unha vez gardamos o primeiro conxunto de datos, poderemos ver tantos conxuntos de datos gardados como teñamos indicado no campo Display. Tamén poderemos eliminar eses conxuntos de datos: