Section outline

    1. As persoas participantes neste curso deben empregar o código QR incluído no programa e acceder como convidado. A vía oficial de comunicación é a súa conta de correo corporativo (********@edu.xunta.gal) sendo responsabilidade de cada participante consultala coa frecuencia necesaria e mantela sempre operativa (contrasinal actualizado, cota de almacenamento non excedida…).

    2. A actividade constará de tres sesións, unha en cada trimestre. A primeira delas terá lugar no Salón de Actos do CFR de A Coruña o xoves 4 de decembro de 2025. Das demáis datas informarase tan axiña como sexa posible por medio das canles dispoñibles e mesmo a través deste medio na Aula Virtual.
    3. A normativa que regula as actividades formativas na Rede atópase na Orde do 14 de Maio de 2013 e mais no Plan Anual de Formación do profesorado. Calquera dúbida ao respecto debe consultarse coa persoa asesora do curso, neste caso marcoscorgo@edu.xunta.gal.

    4. A persoa asesora é a encargada das cuestións administrativas do curso tales como, propoñer o deseño da programación, xestionar a selección dos participantes de entre as persoas solicitantes, aplicando os criterios establecidos, a comunicacións coas personas solicitantes e participantes, baixas de participantes, control da asistencia das actividades, atender as solicitudes de revisión das cualificacións emitidas e calquera outra de índole organizativo ou de certificación. A comunicación coa persoa asesora realizarase a través do seu correo corporativo que facilitará na apertura do curso.

    5. A persoa relatora encárgase de desenvolver os contidos do curso así como, na Aula Virtual de dinamizar os foros, resolver as dúbidas e consultas feitas nos foros do curso ou por mensaxeira interna, revisar e cualificar as tarefas de existir.

    6. As persoas seleccionadas que teñan confirmada a asistencia e non comparezan á primeira sesión ou abandonen a actividade sen causa xustificada, serán dadas de baixa na actividade e non serán seleccionadas para outras actividades que se desenvolvan no mesmo curso académico. Considerarase abandono a ausencia de participación no 40% da actividade do curso.

    7. Avaliación e certificación:

      • Nas sesións presenciais a asistencia é obrigatoria, polo que as faltas, independientemente da causa, non poderán superar o 15% da duración da parte presencial do curso.
      • No caso de estar programadas sesións non presenciais, a participación virá determinada pola entrega e valoración positiva das tarefas propostas.
      • Só se certificará a participación pola asistencia, como mínimo, ao 85% do total das horas presenciais. 
    8. Ao rematar o curso debería responder a enquisa en Fprofe, da que recibirá aviso no correo electrónico.
    • Nélida Zaitegi de Miguel, mestra e pedagoga, desenvolveu unha ampla traxectoria profesional no ámbito educativo desde 1967. Foi docente, directora, inspectora e responsable de programas de innovación educativa no Goberno Vasco, centrados en convivencia, paz e habilidades para a vida.

      A raíz do caso de acoso escolar que rematou co suicidio de Jokin Ceberio, tivo un papel clave no acompañamento á comunidade educativa e na elaboración de protocolos e guías contra o bullying no País Vasco. Ademais, impulsou a convivencia positiva como base dos plans de convivencia nos centros e promoveu iniciativas pioneiras, como un buzón electrónico para denunciar situacións de maltrato.

      Tamén coordinou programas educativos a nivel estatal e ocupou diversos cargos relevantes, como presidenta de FEAE Euskadi, membro de organismos de innovación e convivencia escolar, directora de revistas especializadas e formadora en distintas comunidades autónomas. Entre 2017 e 2020 foi presidenta do Consello Escolar do País Vasco.

      É autora de numerosas publicacións centradas en temas como a convivencia escolar, a avaliación educativa, a coeducación e a análise dos valores nos materiais didácticos.

  • Destacado
    • ATENCIÓN A CENTROS

      Relatoras: 

      Equipo de asesores de formación do CFR A Coruña

      17,00 horas Marcos Corgo Presentación da actividade; LÓVA; Rede Planea;...
      17,15 horas Javier Pintor Publicacións e recursos do CFR de A Coruña
      17,40 horas Alberto Huerga Xestión da memoria final en PFPP
      18,00 horas Sabela Fernández Programa Observa_Acción
      18,25 horas Celina Santamaría Internacionalizando o noso centro
      18,45 horas Eduardo Rodríguez Educación Responsable
      19,00 horas Pedro Lado A radio como ferramenta formativa
      19,15 horas Óscar Domínguez Peche da sesión