A ter en conta
Section outline
-

-
As persoas participantes neste curso deben empregar o código QR incluído no programa e acceder como convidado. A vía oficial de comunicación é a súa conta de correo corporativo (********@edu.xunta.gal) sendo responsabilidade de cada participante consultala coa frecuencia necesaria e mantela sempre operativa (contrasinal actualizado, cota de almacenamento non excedida…).
- A actividade constará de tres sesións, unha en cada trimestre. A primeira delas terá lugar no Salón de Actos do CFR de A Coruña o xoves 4 de decembro de 2025. Das demáis datas informarase tan axiña como sexa posible por medio das canles dispoñibles e mesmo a través deste medio na Aula Virtual.
-
A normativa que regula as actividades formativas na Rede atópase na Orde do 14 de Maio de 2013 e mais no Plan Anual de Formación do profesorado. Calquera dúbida ao respecto debe consultarse coa persoa asesora do curso, neste caso marcoscorgo@edu.xunta.gal.
-
A persoa asesora é a encargada das cuestións administrativas do curso tales como, propoñer o deseño da programación, xestionar a selección dos participantes de entre as persoas solicitantes, aplicando os criterios establecidos, a comunicacións coas personas solicitantes e participantes, baixas de participantes, control da asistencia das actividades, atender as solicitudes de revisión das cualificacións emitidas e calquera outra de índole organizativo ou de certificación. A comunicación coa persoa asesora realizarase a través do seu correo corporativo que facilitará na apertura do curso.
-
A persoa relatora encárgase de desenvolver os contidos do curso así como, na Aula Virtual de dinamizar os foros, resolver as dúbidas e consultas feitas nos foros do curso ou por mensaxeira interna, revisar e cualificar as tarefas de existir.
-
As persoas seleccionadas que teñan confirmada a asistencia e non comparezan á primeira sesión ou abandonen a actividade sen causa xustificada, serán dadas de baixa na actividade e non serán seleccionadas para outras actividades que se desenvolvan no mesmo curso académico. Considerarase abandono a ausencia de participación no 40% da actividade do curso.
-
Avaliación e certificación:
- Nas sesións presenciais a asistencia é obrigatoria, polo que as faltas, independientemente da causa, non poderán superar o 15% da duración da parte presencial do curso.
- No caso de estar programadas sesións non presenciais, a participación virá determinada pola entrega e valoración positiva das tarefas propostas.
- Só se certificará a participación pola asistencia, como mínimo, ao 85% do total das horas presenciais.
- Ao rematar o curso debería responder a enquisa en Fprofe, da que recibirá aviso no correo electrónico.
-