Saltar navegación

O FROITO

   O froito do castiñeiro é a castaña. Está recuberta por unha coiraza espiñenta, chamada ourizo. Dentro do ourizo pode haber, dependendo das especies, de 2 a 7 castañas. ao madurar, o ourizo parte en 2 ou 4 valvas, deixando caer as castañas.

Ourizos coas castañas  

   A castaña é un alimento altamente calórico, rico en hidratos de carbono, graxas e proteínas. Tamén é rica en vitamina C.

   Soe comerse crúa, asada, cocida (con nébeda) ou doce. Esta última forma, doce, é máis habitual en Francia ou Italia, en forma de marrón glacé: castaña confeitada. Aínda que cada vez se extende máis por Galicia e Portugal.

Castañas