Saltar navegación

A FLOR

   As flores do castiñeiro nacen entre os meses de maio e xuño. Non teñen pétalos nin sépalos.

   Na foto podemos ver flores de castiñeiro. Varias inflorescencias masculinas con abondosos estames amarelos.

   As flores masculinas, chamadas candeas, distribúense ao longo dun eixe. As femininas atópanse na base, xeralmente en tríos rodeadas de espiñas. Das flores femininas nacerán os froitos.