O castiñeiro é unha árbore de folla caduca. No outono cáenlle as follas, volvendo a saírlle a comezos da primavera.
A folla do castiñeiro é lanceolada (forma de lanza), estreita e co borde serrado (en forma de dentes dunha serra), podendo acadar os 25 cm de longo.

O pecíolo é curto e cilíndrico. Distribúense de xeito alterno.
