Saltar navegación

CASTIÑEIROS SENLLEIROS

   O castiñeiro é unha árbore moi lonxeva, podendo chegar a ser milenaria. O castiñeiro máis famoso do mundo está en Italia, na provincia de Catania, e dise que ten uns 3.000 anos. É a árbore viva máis vella de Europa. Coñecido como o castiñeiro dos cen cabalos (Cento caballi, porque din que durante unha tormenta se abrigaran baixo del cen cabaleiros cos seus cabalos). Ten un perímetro total na base duns 57 metros.

Castiñeiro "dos cen cabalos"

 En Galicia crese que o castiñeiro máis vello é o de Pumbariños, no concello de Manzaneda (Ourense). Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos. O seu pé ten unha circunferencia de 13,85 metros. Precísanse dez persoas adultas collidas das mans, cos brazos extendidos, para abrancar todo o seu contorno.  

Castiñeiro de Pumbariños