Saltar navegación

MAGOSTO

   O magosto é unha festa tradicional galega. O magosto celébrase tradicionalmente o día de San Martiño (11 de novembro).  Nun claro do mesmo souto, comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas. Facíase unha fogueira con paus e arume para conseguir brasas dabondo para asar as castañas. Era costume que as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño. Aínda que había que picar as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba quen botaba algunha enteira, para que estoupase. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse coas mans cheas de cinsa mentres que mozos e adultos cantaban e bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.

Magosto