O CASTIÑEIRO
Crese que hai castiñeiros na Terra desde fai uns 40 millóns de anos.
Hai castiñeiros nas zonas temperadas, especialmente no hemisferio norte, nos continentes de Europa, Asia e América.
Os maiores produtores de castañas do mundo son China, Bolivia, Corea, Turquía, Grecia, Portugal e España.
Non se sabe desde cando hai castañas en Galicia, pero está documentado o seu uso como alimento desde antes do S. I
Foron os romanos os que axudaron a expandir o castiñeiro (Castanea sativa) introducíndoo por toda España. A castaña, constituíu a base da alimentación en Galicia, e en moitas zonas da Península Ibérica ata que se extendeu o cultivo da pataca, aló polo S. XVIII.
A enfermidade da tinta, a comezos do S. XX foi a culpable da morte de moitos castiñeiros en Galicia e toda Europa. Hoxe en día hai castiñeiros resistentes a este mal.
Pode alcanzar os 30 metros de alto, o seu tronco é groso a copa ancha. Aínda que o seu crecemento é lento, son árbores que teñen unha vida longa, podendo sobrepasar os 1.000 anos.
O castiñeiro é unha árbore de grande valor ecolóxico e económico. A nivel ecolóxico, os chans onde hai castiñeiros son moi ricos en humus e moitos animais salvaxes aliméntanse das castañas. Non é doado que ardan en caso de incendio e dan lugar a fermosas paisaxes. O nivel económico vén da produción de castañas así como a súa madeira. A madeira do castiñeiro é moi apreciada. Foi usada tradicionalmente para vigas e traves das casas, todo tipo de mobles ou apeiros de labranza, dado que é moi duradeira.