Día das Letras Galegas
Manifesto 8-M
Proxecto Inspira STEAM
Un ano máis, o alumnado de 6º de primaria participou no proxecto Inspira STEAM, un proxecto pioneiro para o fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, baseado en sesións de sensibilización e orientación impartidas por mulleres profesionais do mundo da investigación, a ciencia e a tecnoloxía.
Este proxecto lévase a cabo a través da Universidade de Vigo e está promovido pola Universidade de Deusto.
Toupiciencia
O Apalpador
Este Nadal na biblioteca do colexio tivemos unha caixa do correo para botar nela as cartas para o Apalpador con desexos de ilusión, ledicia e tempo compartido coas familias.
Recomendacións lectoras para Nadal
O Nadal é un bo momento para gozar da lectura. Dende a biblioteca propoñemos unha selección de libros adaptados ás distintas idades para fomentar o gusto polos libros durante as vacacións.
Animámosvos a facer da lectura un hábito tamén no Nadal.
Boas lecturas e felices festas!
DÍA DAS ESCRITORAS 2025
O luns 13 de outubro celebramos no colexio o Día das Escritoras.
Dende a Biblioteca fíxose unha exposición cunha selección de libros de diferentes escritoras galegas.
Cada curso elixiu un libro ou un fragmento dun libro dunha escritora galega para traballar na clase.
