O luns 13 de outubro celebramos no colexio o Día das Escritoras.
Dende a Biblioteca fíxose unha exposición cunha selección de libros de diferentes escritoras galegas.
Cada curso elixiu un libro ou un fragmento dun libro dunha escritora galega para traballar na clase.
Logo, cada alumno/a decorou un marcapáxinas co nome da escritora galega elixida e levárono de recordo.