O alumnado de Infantil e de 1º de Primaria gozou da actividade “Os Libros da Titiriteira”, unha proposta para fomentar a lectura que mestura teatro de títeres e contacontos. A través de grandes libros cheos de pequenas historias, os nenos e nenas descubriron un mundo de imaxinación e maxia que espertou a súa curiosidade polos libros.