Hoxe tivemos a sorte de gozar no noso centro do espectáculo Toupiciencia / En feminino, unha actividade chea de ciencia, humor e participación que conquistou ao alumnado desde o primeiro momento.
Da man da simpática Toupiña e de técnicas holográficas (GAP) asistimos a situacións divertidas que fixeron da ciencia unha experiencia próxima, emocionante e accesible para todas e todos.
Ademais, o espectáculo puxo o foco na visibilización de referentes femininos no ámbito científico, dando a coñecer mulleres que fixeron —e seguen facendo— achegas fundamentais á ciencia, co obxectivo de inspirar mentes curiosas e fomentar a igualdade de oportunidades.
Foi, sen dúbida, unha actividade moi enriquecedora que combinou aprendizaxe, diversión e valores.