Saltar navegación

Outras máscaras

OS VERGALLEIROS

Os vergalleiros son as máscaras de Sarreaus. Levan un traxe formado por blusa de liño e chaleco negro de feltro, polainas con pompóns vermellos, faixa da mesma cor con pompóns negros e unha máscara que leva debuxados motivos celtas.
Na man cada vergalleiro leva un corno que fai soar a medida que percorre as rúas, convidando a participar no entroido.


OS VOLANTES DE CHANTADA

Os volantes son as máscaras de Chantada.
Levan un pucho de grandes dimensións, recuberto de flores que, na súa orixe, estaban feitas á man, con follas de verzas e repolo, que se deixaban secar para moldear en forma de rosa, margarita...
Da parte traseira e lateral do pucho colgan fitas de cores. Na man levan un caxato.


OS TROITEIROS

Os troteiros son as máscaras típicas de Bande. Deben o seu nome ao feito de que van trotando dunha aldea a outra.
Levan a cara cuberta cun pano, que lles permite ver sen seren recoñecidos, e un sombreiro de palla.


MADAMAS E GALÁNS

As madamas e galáns son as máscaras do Entroido de Cobres, no concello de Vilaboa (Pontevedra).

 

Feito con eXeLearning (Nova ventá)