Saltar navegación

Boteiros

De onde son os boteiros?

Os boteiros son as máscaras de Viana do Bolo e Vilariño de Conso.


Como é o disfraz dos boteiros?

Os boteiros levan chaquetas de moitas cores facendo debuxos xeométricos, pantalóns vermellos e botas altas negras.


Que levan os boteiros?

A careta é de madeira cun sombreiro moi alto decorado con fitas.
Na cintura levan chocas. Na man levan un pau longo adornado con fitas de cores chamado monca.

Feito con eXeLearning (Nova ventá)