
Os atranques son un diálogo rimado e recitado cunha entoación moi característica entre dous xenerais ou correos sobre un tema que estea de actualidade.
Ao longo deste singular combate un xeneral ou un correo fai de acusador e outro de defensor.
O atranque remata cunha declaración de paz e un choque de espadas mentres recitan uns versos coma estes:
"Chocaremos as espadas
como manda a tradición
rematamos con un ¡viva!
aos carnavales da Unión.
Viva a Unión carnavalesca
da nosa parroquia!
Vivan os nosos coros e directores!
Viva a xente que nos mira,
admira e rodea! "