Como cada curso, varias das aulas do noso centro participan nas actividades organizadas polo CIPX (Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Compostela), unha oportunidade para seguir aprendendo e afondando en diferentes aspectos relacionados co medio ambiente.
A través destas visitas, o alumnado coñece mellor os espazos naturais menos coñecidos da nosa cidade, descubre a súa riqueza e biodiversidade e toma conciencia da importancia de coidalos, respectalos e contribuír activamente á súa conservación.

Este curso, participamos na experiencia O xardín dos sentidos (cos cursos de 2º ata 6º de Educación Primaria). Tras a sesión formativa, cada titoría trouxo plantas que foron doadas ao oso horto escolar.