O pasado 5 de xuño conmemoramos no centro o Día Mundial do Medio Ambiente cunha saída a un dos parques da contorna, unha actividade que cada curso nos brinda a oportunidade de gozar da natureza xuntos/as.
Nesta ocasión, puxemos rumbo ao Parque de Bonaval, levando connosco as merendas para compartir un agradable tempo de convivencia con todo o alumnado do centro. Durante o percorrido, tivemos tamén a oportunidade de visitar as hortas urbanas da zona, descubrindo de preto este espazo de cultivo e sustentabilidade.
Foi unha xornada moi especial, chea de aprendizaxes, convivencia e momentos compartidos, acompañada ademais por un magnífico día de sol que fixo a experiencia aínda máis inesquecible.
