O pasado 10 de marzo o alumnado do noso centro foi convidado á Gala de entrega de premios do programa Mocidade polo clima, una iniciativa "de carácter transversal e pioneiro" que persegue "formar, informar e animar a actuar fronte ao cambio climático" a máis de 10.000 nenos/as galegos/as.
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, distinguiu a nosa escola coa mención de “Escola Verde Excelente” premiando así o traballo realizado co proxecto “Ferreiro en Verde” que levamos a cabo durante este curso.
Parabéns ao equipo de Medio ambiente e ao alumnado voluntario do horto que foron recoller este merecido galardón.
