O alumnado de 4º de Educación Primaria participou no ciclo "O son das cousas", converténdose nesta ocasión en verdadeiros luthiers. Empregando material de refugallo, construíron orixinais artefactos musicais cos que exploraron múltiples posibilidades sonoras na aula de Música.
Como peche desta experiencia, realizaron unha pequena exposición - demostración para o alumnado de 4º de Educación Infantil, na que tamén interpretaron algunhas cancións populares e compartiron os instrumentos creados.
Por último, colaboraron na decoración conxunta dos "tubos belisco" agasallados por Tomás Rábanos ao alumnado máis pequeno.
Nesta xornada tan especial, tivemos a fortuna de gozar dun microconcerto ofrecido por Xiansong Zhang e Javier Varela, alumnos do Máster de " Investigación e Innovación en Didácticas Específicas" da USC, que realizaron as súas prácticas no noso centro.
